Historia de centro

1915

Fúndase unha institución relixiosa vinculada á orde das Calasancias a través da figura do seu fundador, o Pai Faustino Míguez, que se convertirá no xerme, co paso dos anos, do actual colexio.


 

2008

O día 8 de abril de 2008 constiúese en Monforte de Lemos a Fundación Educativa Torre de Lemos,unha nova entidade de natureza laica e sen ánimo de lucro que pon fin aos case cen anos de historia do antigo colexio Divina Pastora, pertencente á orde das Calasancias.

 

2023

Hoxe o colexio Torre de Lemos segue a ser un centro concertado que ofrece unha alternativa educativa segura e de calidade a nenos e nenas de idades comprendidas entre os tres e os dezaseis anos. Un equipo de educadores renovado encárgase de dar resposta ao reto de formar integralmente a cada alumno/a. Non cabe dúbida de que pertencer á comunidade escolar do colexio  significa gozar de educadores entregados e dun equipo que traballa por ofrecer ao seu alumnado unha formación para o futuro, ademais dunha ampla oferta de servizos necesarios para facer a súa vida e a das súas familias máis doada. Este ano o centro celebrarará o seu  décimosexto aniversario.