ACTUALIDADE

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO CENTRO NO DÍA EUROPEO DA AGRICULTURA ECOLÓXICA

 

CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A DIXITALIZACIÓN DE AULAS NOS CENTROS CONCERTADOS FINANCIADAS CON FONDOS NEXTGENERATION DA UNIÓN EUROPEA

 

   En setembro de 2022, a Fundación presentou unha solicitude para a creación de aulas dixitais no centro cofinanciadas pola Unión Europea en base aos fondos NextGenerationUE.

   O noso centro recibiu unha subvención de 19.729,93€ que permitíu a dixitalización dun total de 9 aulas e espazos de uso común de Educación Infantil, Primaria e ESO, beneficiando de forma directa a uns 150 alumnos e indirectamente á totalidade do alumnado do centro.

   A axuda, financiada pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU dentro da estratexia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá aproveitar os recursos tecnolóxicos para a mellora e avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensinanza e aprendizaxe a través da disposición tecnolóxica, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abrangue todas as competencias do currículo e, neste caso, especialmente na competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.

 

GALERÍA DE FOTOS

 

RECOÑECEMENTO ESPECIAL Á FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS E AOS SEUS TRABALLADORES  POLA BAIXA SINIESTRALIDADE LABORAL AMOSADA CON 0 ACCIDENTES EN 5 ANOS

 

 

RECOÑECEMENTO AO COLEXIO TORRE DE LEMOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO ELISA