- O Colexio
- Ven coñecernos
- Oferta educativa
- Servizos
- Blogs
- EDUCAMOS
- VOLTA AO COLE
- PROGRAMACIÓN DE NADAL
- ACTUALIDADE
- DOCUMENTOS
O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos é un centro educativo laico e sen ánimo de lucro fundado en abril de 2008 para proporcionar unha educación integral ao seu alumnado, de maneira que se incorpore á sociedade con espírito crítico e aportando os valores que nos definen.
A comunidade educativa do colexio Torre de Lemos é unha comunidade aberta á sociedade e próxima ao alumnado, ás familias e ás súas necesidades.
Para conseguilo leva a cabo:
-
Un proceso de ensino-aprendizaxe personalizado e actualizado.
-
Unha metodoloxía adaptada aos novos tempos e á diversidade.
-
Un estilo de traballo en equipo e coordinado.
-
Unha mentalidade de axuda e renovación constante para adaptarse aos cambios da sociedade actual.