- O Colexio
- Ven coñecernos
- Oferta educativa
- Servizos
- Blogs
- EDUCAMOS
- VOLTA AO COLE
- PROGRAMACIÓN DE NADAL
- ACTUALIDADE
- DOCUMENTOS
Na Secretaría ocúpanse da xestión de documentos académicos e dos arquivos do centro. Todos os certificados e demais documentación académica expídese en Secretaría ( matriculacións, altas, baixas, certificados de estudios, expedientes académicos, títulos, cobro de recibos,comedor, transporte, actividades extraescolares, etc.).
Horario de atención ao público: de luns a mércores de 9:15h a 14:45h e de 16:00h a 18:00h. e de xoves a venres de 09:15h a 14:45h e de 16:00h a 17:00h.
Mes de agosto pechado.
Contacto:
Teléfono: 982 400 350.
e-mail: torredelemossecretaria@hotmail.com
¡¡¡AVISO !!!
As altas e baixas nas actividades extraescolares que oferta o centro tramítanse a través da secretaría.
Non se reembolsará ningunha mensualidade polas baixas non comunicadas á persoa encargada da mesma.
SEGURO ESCOLAR:
O seguro escolar de accidentes do alumnado (voluntario) está concertado con MAPFRE.
En caso de accidente escolar, é preciso cubrir na secretaría do colexio o parte de accidentes correspondente antes de acudir aos centros médicos concertados, que son:
Clínica Torresalud en Monforte de Lemos: Teléfono 982 40 08 94
Clínica Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo: Teléfono 982 28 40 40
O seguro escolar non se fai cargo cando se acode a un centro médico diferente dos sinalados anteriormente.
Para máis información, podedes descargar aquí as condicións particulares.
As condicións do seguro escolar para os maiores de 15 anos veñen recollidas no seguinte enlace:
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025:
NORMATIVA REGULADORA
Ligazóns (galego):
-
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Enlaces (castellano):
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025:
1ª FASE:
Reserva de praza no centro de adscrición mediante presentación do Anexo I (en galego) o Anexo I (en castellano): 15 xaneiro-4 de febreiro, ambos os dous incluídos.
Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
A información sobre os postos escolares vacantes está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro.
2ª FASE:
Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II en galego) (Anexo II en castelán): 1-20 de marzo (ambos incluídos)
A solicitude de admisión é única e vinculante.
En todos os casos, tanto na solicitude de admisión ordinaria coma na extraordinaria é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero ou que o alumnado menor de idade esté emancipado.
En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas un documento asinado co consentimento da outra (modelos anexo I-bis, anexo II-bis).
Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares,...) poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outr.
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
Publicación das listas provisionais (admitidos e non admitidos): 25 de abril
Reclamación das listaxes provisionais: Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido por parte da comisión de escolarización
Asignación de solicitudes presentadas fóra de prazo
3º FASE:
Formalización de matrícula en Ed. Infantil e Primaria: 20 a 30 de xuño. (Anexo III-1)
Formalización de matrícula en ESO: 23 de xuño ao 7 de xullo (Anexo III-2)
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. Alumnado que ten garantida a permanencia nun centro educativo porque xa está cursando estudos nel no presente ano: no caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo por escrito ao centro no que cursa os seus estudos actualmente, así como a súa renuncia formal á praza que lle correspondía nel, antes do 1 de marzo .
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto con posterioridade, deberá comunicar a renuncia á primeira reserva antes do 28 de febreiro.
4. As solicitudes de admisión presentaranse mediante formulario normalizado, que estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
- No centro docente solicitado en primeiro lugar, onde o Anexo II será facilitado gratuitamente.
- A través da aplicación web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo para presentar as solicitudes de admisión extenderase entre os días 1 e 20 de marzo, de cada ano, ambos incluídos.
No caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, a documentación acreditativa dos criterios de baremo presentaranse nos 10 días hábiles seguintes contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade con respecto ás presentadas dentro do prazo establecido, sendo enviadas polo centro á comisión de escolarización.
INEFICACIA DA SOLICITUDE
A solicitude de praza nun centro educativo será ineficaz:
1. Cando se presente máis dunha solicitude para as mesmas ensinanzas nun mesmo centro ou en centros diferentes. Esta infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que puideran corresponderlle.
2. Cando se comprobe a falsidade da documentación achegada.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
A área de influencia do centro corresponde a todo o Concello de Monforte de Lemos.
CRITERIOS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO
Nos centros docentes con número suficiente de prazas serán admitidos todos os alumnos que o soliciten, sempre que cumpran os requisitos académicos e de idade que se esixen.
No caso de non existir prazas suficientes, terán prioridade:
- Aqueles que teñan irmáns matriculados no centro.
- A proximidade do domicilio familiar ou do lugar de traballo dos pais.
A acreditación do domicilio familiar realízase a través do certificado de convivencia expedido entre o 1 de marzo de 2023 e o 1 de marzo de 2024 que deberá indicar a data de alta. Se a residencia fose inferior a 1 ano, deberá achegar: escritura de compra, contrato de alugamento ou calquera título e recibos acreditativos do consumo de subministracións como auga, electricidade, gas,...
En canto á acreditación do lugar de traballo no caso de traballadores por conta allea, deberá terse en conta ademais do contrato de traballo o informe de vida laboral.
- A renda per cápita da unidade familiar
Inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base impoñible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio 2022, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2024.
Cando non se presentase declaración teranse en conta os ingresos de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para determinar a puntuación utilízase o Indicador públido de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2022, que está fixado en 6.948,24 euros.
- Persoa proxenitora/titora/acolledora traballadora do centro.
- A condición de familia numerosa.
- Alumnado nacido de parto múltiple.
- A condición de familia monoparental.
De acordo co artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia en Galicia,inclúe as familias compostas por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ao seu cargo, nos seguintes supostos:
a) Homes ou mulleres que afrontan a paternidade ou a maternidade en solitario
b) Viúvo/a e os fillos e fillas
c) Pai ou nai que queda a cargo de fillas e fillos sen que haxa custodia compartida
Asimílase a un fillo ou a unha filla os tutelados ou acollidos polo único proxenitor ou proxenitora
Para acreditar este criterio a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.
- A concorrencia de discapacidade no alumno/a, persona proxenitora, titora ou acolledora, novo cónxugue ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora, irmán ou irmá.
- Por discapacidade dos membros computables da unidade familiar.
- Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar.
A forma de acreditar a condición está recollida no artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.Calquera dos documentos indicados no devandito artigo son idóneos para acreditar a situaciónde violencia de xénero.
Ademais, hai que ter en conta que a letra g) do devandito artigo 5 admite calquera outro documento que se estableza regulamentariamente, polo que non é posible facer unha enumeración exhaustiva. En consecuencia, se algunha persoa achega outra documentación distinta da expresamente citada no artigo 5 da lei, debe examinarse tomando como referencia este artigo da lei e, en caso de que existan dúbidas respecto da súa idoneidade, consultar coa xefatura territorial.
Para determinar a eficacia dos documentos hai que ter en conta a data de efectos que conste no propio documento.
Cando o documento ou informe achegado non teña determinada a súa vixencia, terase en conta que fora adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os 12 meses inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
- Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar.
- Criterio establecido polo centro: na Fundación Torre de Lemos ese criterio é " ser familiar de antigos alumnos do centro". A maneira de xustificalo será a través da documentación arquivada no centro que confirme dito suposto.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA A ENTREGAR NO CENTRO EDUCATIVO
Todas aquelas familias que desexen reservar praza no centro deberán achegar a seguinte documentación (orixinal ou compulsada):
- Documentación acreditativa do requisito de idade e de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel ou etapa educativa nos termos que recolle o Anexo II.
- 2 fotos do alumno/a tamaño carnet.
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia da tarxeta Sanitaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinas.
- Fotocopia do DNI do neno/a se o tivera e dos pais.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO
O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos ofrece os seguintes servizos complementarios:
- Comedor escolar.
Regulado na seguinte normativa:
Instrucción anual da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.
- Transporte escolar.
Regulado pola seguinte normativa:
Instrucción anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.
- Actividades extraescolares.
Deportivas: fútbol, voleibol, atletismo, natación, patinaxe.
Artísticas: minichef, manualidades creativas.
Formativas: grupos de idiomas con profesorado nativo de inglés, preparación de exames de inglés Cambridge.
Actividades complementarias: visitas, excursións, participación en certames literarios, culturais, deportivos, etc, obras de teatro, contacontos, concursos, etc.
- Apertura do centro fóra do horario lectivo pola mañá (custodia): desde as 8:00.
- Escola de pais.
- ANPA.
* Todos estes servizos e actividades teñen carácter voluntario para as familias e o seu fin non será en ningún caso lucrativo debido á propia natureza do colexio como fundación sen ánimo de lucro.
CARÁCTER PROPIO DO CENTRO
O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos é un centro de ensino concertado nos niveis de EI (3 unidades), EP (6 unidades) e ESO (4 unidades), de natureza laica e dependente da Fundación Torre de Lemos, entidade sen ánimo de lucro constituída en abril de 2008.
Destaca a natureza plurilingüe do colexio en EI e EP, ofrecendo ensino en inglés nas áreas de: Psicomotricidade, Expresión Corporal, Speaking, Tics e Expresión Plástica en EI, e Educación Física, Plástica, Música e Danza en EP.
Tamén aposta por un ensino combinado que integra a adquisición de coñecemento coa formación do alumno como persoa integrada nun contorno social plural e dinámico no que as relacións humanas ocupan un lugar destacado.
PROXECTO EDUCATIVO
Atópase a disposición de que desexe coñecelo nas instalacións do propio colexio (Secretaría e Dirección).