O comedor escolar do Colexio Torre de Lemos ofrece unha alimentación completa e axeitada ás necesidades do alumnado, con pratos caseiros elaborados a partir de produtos frescos de proximidade.
Elabóranse menús adaptados para alumnado con alerxias, intolerancias ou necesidades alimentarias específicas por prescrición médica.
Educación Infantil: de 14:00 a 15:30
Educación Primaria: de 14:00 a 15:30
ESO: de 14:15 a 15:30
O centro dispón de comedores diferenciados para Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, favorecendo unha atención máis adaptada a cada etapa educativa.