Saída 1º trimestre

por

Equipo Educación Primaria

|

31/10/26

|

O alumnado de todos os cursos de Educación Primaria participou nunha saída ás instalacións de Galiocio, para gozar dunha xornada diferente, chea de diversión e convivencia.


Ao chegar, organizámonos en pequenos grupos, identificados por distintas cores de pulseiras, o que nos permitiu distribuírnos e participar de maneira ordenada nas diferentes actividades. Ao longo da mañá, os nenos e nenas puideron explorar e probar todas as instalacións do parque, saltando, xogando, superando retos e desfrutando de cada un dos espazos.


Despois de tanta actividade, chegou o momento de repoñer forzas cunha comida compartida. Para rematar o día, gozamos dun tempo de lecer nunha pista deportiva, onde tivemos a oportunidade de seguir xogando e compartindo momentos cos compañeiros e compañeiras doutros cursos.


Foi unha xornada fantástica na que a diversión, a convivencia e o compañeirismo foron os grandes protagonistas.


Un día para xogar, rir e crear recordos que quedarán con nós! 💙❤️

© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por